Noticias

Últimas Noticias
AECA IMPLANTA AS CARTAS DIXITAIS NO SECTOR HOSTALEIRO DE ARZÚA

AECA IMPLANTA AS CARTAS DIXITAIS NO SECTOR HOSTALEIRO DE ARZÚA

Respondendo ás demandas actuais, a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa levou a cabo a implantación das cartas dixitais nos establecementos hostaleiros asociados de Arzúa.

O sistema de acceso aos menús mediante o escaneo dun código QR xa está en plena operatividade en tódolos establecementos dende este mes de agosto.

O código QR podémolo atopar nas mesas, na barra ou na parede do local,  pero tamén nas redes sociais. O cliente a través de ésta útil ferramenta, pode descargar os menús no seu móbil cun só «clic» de forma sinxela e segura, con toda a información á man e de forma inmediata para facer unha comanda ou unha encarga

Outra maneira de ter acceso directo áos menús é tecleando no buscador o enlace da páxina web da AECA:  www.aecomarcadearzua.com/menu + o nome de cada local.

AECA levou a cabo esta iniciativa para apoiar ao seu sector hostaleiro e para axudar a promocionalo como un espazo seguro que cumpre coa normativa frente ao COVID 19.

Son varias as vantaxes de éste novo servizo, xa que contribúe á eliminación das cartas físicas evitando riscos de contaxio, e os hostaleiros poden levar a cabo a sua actividade dunha forma máis segura, ao mesmo tempo que se axilizan as comandas e se reduce o tempo de espera dos demáis clientes.

Trátase dunha medida engadida de hixiene e seguridade anti COVID 19 dentro dun sector hostaleiro, que como o de Arzúa quere dar confianza aos seus clientes neste tempo complicado que nos toca vivir.

Related Posts