Noticias

Últimas Noticias
AECA CONVOCA AOS EMPRESARIOS A UN ENCONTRO DIXITAL CO IGAPE

AECA CONVOCA AOS EMPRESARIOS A UN ENCONTRO DIXITAL CO IGAPE

AECA convida este xoves día 10, ás 17:00 h. a tódolos asociados de AECA, así como ao resto do tecido profesional de Arzúa a unha sesión por videoconferencia co IGAPE.
A sesión celebrarase a demanda de empresarios e comerciantes de Arzúa, para que o IGAPE poida explicar as liñas de axudas que permanecen abertas, así como as que está previsto que saian, mesmo en 2021, e das cales poden beneficiarse.
Esta iniciativa xurdeu na reunión celebrada en xullo a instancias do Partido Popular de Arzúa entre Nava Castro, Directora Xeral de Turismo e autónomos e empresas relacionadas directa ou indirectamente co sector turístico. En dita reunión quedaran pendentes de resolver dúbidas sobre os detalles de algunhas das axudas, como as do IGAPE.
Tamén se aproveitará esta reunión virtual para explicar cómo os posibles interesados poden solicitar eles mesmos as axudas, dende a alta na Oficina Virtual do IGAPE ata o inicio e tramitación das liñas de axudas.
A reunión celebrarase por videoconferencia, por esixencias do protocolo COVID-19, e será realizada por Belén Fernández Rebolleda, Técnica Responsable da Oficina Norte da Unidade de Operacións do IGAPE, quen atenderá as consultas que os participantes lle queiran trasladar.
O enlace para conectarse á videoconferencia co IGAPE é o seguinte: ?https://zoom.us/j/97100365789
? XOVES 10 DE SETEMBRO
⌚️ AS 17:00 H. (Sería conveniente conectarse 5 min. antes)
Non se precisa inscrición e está aberto a todos os empresarios da Comarca de Arzúa, dos distintos sectores.
Para poder unirse, pódese facer mediante unha app (ordenador ou móbil), ou directamente nun navegador, previo rexistro con usuario. A forma máis cómoda sería cunha app.
Por se o enlace non abre a app directamente, o ID de reunión é 97100365789
A web de zoom podería aparecerlle a algúns en inglés pero abaixo, á dereita pódese cambiar idioma a Español.
App para ordenadores e móbiles: https://zoom.us/download
Conéctate, infórmate, participa, e resolve calquera dúbida.
Agardámosvos!

Related Posts