Noticias

Últimas Noticias
VOLVEN ESTAR DISPOÑIBLES OS BONOS ACTIVA COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA CON 30€ EN DESCONTOS

VOLVEN ESTAR DISPOÑIBLES OS BONOS ACTIVA COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA CON 30€ EN DESCONTOS

Atención, atención!  CLIENTES DO CENTRO COMERCIALA ABERTO!!
O Bono Activa Comercio volve a estar dispoñible 🎉
Como funciona? 🤔
Disporás dun bono de 30€ de descontos e dito importe irase consumindo en función do valor das compras:
 Como conseguilo? Toma nota ✍️
 Rexístrate na web https://www.bonosactivacomercio.gal/ seguindo estos pasos:
– Vai ao apartado de clientes e pincha en QUERO UN BONO. Cubre o formulario e valida o teu rexistro co SMS que che envíen.
– Por último descarga o Bono Activa Comercio no teu móbil (para iso precisarás ter descargado previamente no teu dispositivo unha aplicación «wallet»)
 – Cando chegue o momento da merca amosa o código QR do bono ao comerciante e
a comezar a beneficiarte xa dos descontos! 🛍️ Así de sinxelo 😎
☝️ Recorda que a data de validez do bono é ata o 15 de setembro, pero quedará invalidado unha vez se esgote o crédito do programa.  Así que tómanos éste consello: consume o bono desconto canto antes !!
🤩 Aquí che deixamos o listado dos 27 establecementos adheridos do cca Arzúa onde podes desfrutar do teu BONO ACTIVA COMERCIO! 🤩
RECORDA: Protexamos ao noso comercio local, merca sempre preto de tí, merca na túa vila !!

Related Posts