Noticias

Últimas Noticias
AECA PON EN MARCHA UNHA OBRA SOCIAL NA SUA CAMPAÑA DE «VOLTA AO COLE»

AECA PON EN MARCHA UNHA OBRA SOCIAL NA SUA CAMPAÑA DE «VOLTA AO COLE»

Aproxímase a volta ao cole ?‍?, e un ano máis a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa  toma medidas de responsabilidade social e decide poñer en marcha nesta campaña unha iniciativa filantrópica, a través dunha axuda económica outorgada a Cáritas de Arzúa; para que ésta entidade canalice unha donación ás familias numerosas máis necesitadas da vila.
Trátase de mercas efectuadas no Centro Comercial Aberto de Arzúa para colaborar na necesaria equipación escolar de nen@s que se encontran en situación de vulneravilidade.
Dende a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa queremos agradecer aos coordinadores de Cáritas Arzúa a súa colaboración para xestionar esta acción social que á sua vez promove a dinamización do noso comercio local.
Nos vindeiros días ditos coodinadores de Cáritas Arzúa serán recibidos na sede de AECA, para formalizar o protocolo de colaboración de ésta campaña, os cales estamos seguros de que destinarán da mellor maneira a donación aportada pola Asociación.

 

Related Posts