Noticias

Últimas Noticias
O CCA DE ARZÚA INTÉGRASE NO MARKET PLACE «ZASKA»

O CCA DE ARZÚA INTÉGRASE NO MARKET PLACE «ZASKA»

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (A.E.C.A.) ven de realizar diferentes actuacións referentes á incentivación da dixitalización do comercio local.

A máis recente é a adhesión do Centro Comercial Aberto de Arzúa a ZASKA «The big market»; unha plataforma de venda a distancia por internet creada especialmente para o comercio local. O obxectivo de este proxecto é facilitarlles aos comerciantes asociados que comecen coa venta en liña, e se impliquen no proceso da dixitalización comercial.

A integración na plataforma ZASKA permitiralles aos pequenos comercios competir na era tecnolóxica, proporcionándolles un escaparate máis amplo, un novo canal de venda e promoción dos produtos con servicios adicionais de posicionamento, analíticas da información da tenda en tempo real e apoio na xestión do comercio por internet.

Trátase da solución dixital que o comercio local necesita no contexto extraordinario no cal vivimos pola crise do COVID19.

AECA levou a cabo a xestión da adhesión a ésta plataforma sen custe algún para o comerciante asociado, promovendo así o proceso de modernización do comercio local.

Agora, que a adhesión xa é unha realidade, os clientes do CCA de Arzúa tamén poden facer mercas a distancia,  tan só teñen que descargar de forma gratuíta a aplicación ZASKA e rexistrarse en www.zaskaapp.com

.
O pasado 1 de outubro AECA organizou no Centro de EFA Piñeiral a presentación da plataforma ZASKA para os comerciantes asociados, na cal contamos coa presencia de Yago Novoa; un dos fundadores de ésta plataforma de comercio dixital.
Durante a xornada explicóuselles aos socios o funcionamento do canal de venda a través do Zaska Manager, para que éstos coñeceran polo miúdo o manexo da aplicación, poideran resolver dúbidas, e se motivaran a iniciarse no comercio electrónico.
Ademáis, gracias ao convenio de colaboración co centro de formación EFA Piñeiral,  os comerciantes asociados poderán contar, para a posta en marcha da sua tenda online, co asesoramento dos docentes do ciclo de márketing e comercio.
Este plan de traballo en conxunto mellorará as probabilidades de éxito do proxecto, e os comerciantes poderán coñecer aspectos importantes do mundo do ecommerce, o cal contribuirá á modernización do comercio local.

Related Posts