Noticias

Últimas Noticias
AECA ASINA UN ACORDO DE COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN DE EFAS DE GALICIA

AECA ASINA UN ACORDO DE COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN DE EFAS DE GALICIA

O ACORDO ASINADO CONTEMPLA A COOPERACIÓN MUTUA PARA O DESENVOLVEMENTO DO TECIDO PRODUTIVO A TRAVÉS DA FORMACIÓN.

O centro de formación Efa Piñeiral sito en Arzúa acolleu esta mañán o acto de sinatura do acordo de colaboración entre a ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DA ARZÚA (AECA) e a Federación EFAS de Galicia.
Á sinatura do mesmo procederon Enrique Rodríguez Rendo (Vicepresidente das EFAS de Galicia) e Diego Valiño Rodríguez (Presidente de AECA).
O obxeto da colaboración é o desenvolvemento de accións de impacto no tecido produtivo das entidades asociadas a AECA; a mellora da formación, a participación e a modernización das mesmas mediante a realización dun programa de traballo que contempla a detección de necesidades, a xestión e/ou impartición de accións formativas e a promoción da alternancia do alumnado dos centros formativos EFA nas empresas asociadas a AECA.

Related Posts