Noticias

Últimas Noticias
AECA SORTEA 5 COMPRAS GRATIS COA CAMPAÑA UN AGASALLO PARA A MAMÁ

AECA SORTEA 5 COMPRAS GRATIS COA CAMPAÑA UN AGASALLO PARA A MAMÁ

O venres 8 de abril da comezo a campaña de dinamización comercial «UN AGASALLO PARA A MAMÁ» organizada por AECA para lembrar que se aproxima o día da nai; unha importante data para agasallar que non podemos esquecer !!
E coma sempre, dende AECA apostamos polo comercio local, e animámoste a consumir no CCA Arzúa onde poderás atopar todo canto precisas para sorprender á túa mamá.
Este ano ademáis dámosche un motivo engadido para que merques ese agasallo ideal no comercio local; porque che pode saír de balde !! Si, oíches ben, GRATIS!! 
Participa no sorteo especial  UN AGASALLO PARA A MAMÁ do 8 ao 30 de abril con cada merca efectuada no Centro Comercial Aberto de Arzúa que alcance os 15€ de gasto, e poderás gañar mercas gratis!!
Tódolos establecementos comerciais asociados a AECA participarán de xeito gratuíto nesta campaña, quenes dispoñerán da urna da AECA no mostrador do local co obxecto de rexistrar as mercas dos clientes participantes no sorteo.
Na urna irán depositándose as copias dos tíckets das mercas que alcancen o gasto mínimo, anotando no reverso o nome e teléfono do cliente para poder avisalo en caso de resultar agraciado.
O sorteo terá lugar en directo a través de Radio Arzúa o vindeiro 04/05/2022 e en total sortearanse 5 mercas gratis.
Os 5 clientes gañadores recibirán como premio o importe da súa merca, cun reembolso máximo de 100€; importe que deberá canxearse despois do sorteo en calqueira establecemento pertencente a AECA de comercio, servizos ou hostalería.
AECA convoca este sorteo co obxectivo de incrementar o número e o importe das vendas durante esta promoción nos comercios asociados, así como para fidelizar aos clientes do CCA Arzúa.

Sorteo especial “Un agasallo para a mamá” 04/05/2022 en Radio Arzúa

BASES DE PARTICIPACIÓN:

Primeira.

Este sorteo convocado e organizado por AECA con motivo da celebración do día da nai, para a incentivación do consumo no comercio local e a fidelización de clientes, consiste no sorteo de 5 mercas gratis no Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Serán 5 o número de clientes premiados de entre tódalas mercas rexistradas durante ésta campaña que cumpran coas presentes bases.

O sorteo terá lugar o 04/05/2022 en directo a través de Radio Arzúa.

Segunda.

Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca, no CCA de Arzúa ou en calquera outro establecemento comercial asociado a AECA, por valor de alo menos 15€ e que sexa efectuada dende o día 8 ata o 30 de abril de 2022 (ambos días inclusive).

Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador dos locais asociados, onde será depositada a copia do tícket de merca co nome e teléfono de contacto do participante.

Se sae premiado un tícket coa data fóra do prazo establecido, ou cun importe inferior a 15€ quedará invalidado no mesmo momento do sorteo e sacarase outro tícket.

Unha mesma persoa poderá rexistrar tantas mercas como desexe pero non poderá ser a gañadora de máis dun premio.

Terceira.

Os 5 clientes gañadores serán avisados telefónicamente e recibirán de premio o importe equivalente á merca gañadora efectuada, cun reembolso máximo de ata 100€. Non obstante, o desfrute do premio ven establecido da seguinte maneira por AECA: o premio deberá ser destinado ao consumo en calquera establecemento asociado; de comercio, servicios ou ben de hostalería.

Así pois, os 5 premios outorgados por AECA serán obrigatoriamente canxeados en calquera dos establecementos asociados a AECA polos premiados no prazo dun mes dende a data do sorteo (os premios caducan o 4 de xuño de 2022).

Cada gañador para reclamar o seu premio estará obrigado previamente a xustificar o gasto, presentando na sede da AECA tíckets de consumo de locais pertencentes a AECA con data posterior ao sorteo especial “UN AGASALLO PARA A MAMÁ”, por un importe igual ou superior ao valor do premio para recibir o abono que lle corresponda. O prazo para reclamar os premios rematará o 4 de xuño de 2022.

Cuarta.

Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa ( A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo especial “UN AGASALLO PARA A MAMÁ”

Quinta.

Os gañadores do sorteo ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das fotografías que se tomen na recepción do premio outorgado por AECA.

Sexta.

A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas na Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.

RESULTADO DO SORTEO ESPECIAL UN AGASALLO PARA A MAMÁ EFECTUADO POR AECA O 04/05/2022 EN DIRECTO A TRAVÉS DE RADIO ARZÚA:

Related Posts