Noticias

Últimas Noticias
“Días Brancos” do comercio en Arzúa con sorteos, vales desconto, obradoiros infantís e moitas sorpresas

“Días Brancos” do comercio en Arzúa con sorteos, vales desconto, obradoiros infantís e moitas sorpresas

 

ARZÚA CENTRO COMERCIAL ABERTO – 8, 9 E 10 DE XUÑO DÍAS BRANCOS DO COMERCIO 

Aproxímase o período estival, e AECA celebra os DÍAS BRANCOS cunhas xornadas comerciais extraordinarias, para animar as ventas da tempada de verán.

Durante os DIAS BRANCOS, os días 8, 9, e ,10 de xuño, 27 tendas participantes do Arzúa CCA ofrecerán diferentes promocións; ofertas especiais, vales desconto, sorteos, degustacións, e máis sorpresas!!

O venres 10 de xuño, na Praza de Galicia a partires das 17h. os clientes poderan presentar tíckets de compra dos DíAS BRANCOS por importe superior a 20 euros no stand da organización da AECA, e recibirán un premio seguro. (* Entrega de agasallos promocionais só para as 50 primeiras compras rexistradas, por importe superior a 20 euros e efectuadas durante ésta promoción nas tendas participantes)

Por cada tícket presentado ademáis, recibirán unha participación para o sorteo dunha escapada ás Rías Baixas, cunha estancia no HOTEL TALASO ATLÁNTICO **** puidendo desfrutar dunha habitación doble con vistas ao mar e de circuito marino.

O sorteo da escapada a Baiona non será presencial na praza da vila; para que todas as mercas rexistradas teñan a súa oportunidade será o día 14 de xuño en directo a través de Radio Arzúa.

Por outro lado, na tarde do venres tamén haberá actividades na praza destinadas ao desfrute e entretemento dos más cativos; aquelas familias que merquen durante os días brancos poderan participar en diferentes talleres infantís.

No stand da AECA ao presentar os tíckets de merca faráselles entrega ás familias dunhas pulseiras distintivas para os nenos, coas que poderán participar nos obradoiros que serán impartidos por Biosbardos Animación.

As 27 tendas participantes contarán como elementos distintivos a moqueta vermella da AECA e uns globos brancos expostos no exterior do local.

 

LISTADO DE ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS A AECA PARTICIPANTES NOS DÌAS BRANCOS:

ALCA JOYEROS

APP INFORMÁTICA

ARROUPADIÑOS

BOUTIQUE ANDURIÑA

CALZADOS IGLESIAS

CAROLA MODA

CEMPÉS

CHORIMA PERFUMERÍA

CLÍNICA ARSOVET

COCIÑAS PEDREIRA

COMERCIAL ALFONSO SOUTO

EUROMUEBLE DECORACIÓN

ESTRENAS ZAPATERÍA

EUROPA ASIA

FROITERĮA GRAÍÑAS

FRUTAS ARZÚA

LAGE MODA

MÍA MARÍA

MODA SARI

MI TATA

MD LENCERÌA E FOGAR

MISS ZAPATOS

NOVAVISIÓN ÓPTICA

ÓPTICA ABAL

OS PICARIÑOS

SPORT MODA

VADI MODA

 

Bases de participación no sorteo ESCAPADA ÁS RÍAS BAIXAS:

– Primeira

Este é un sorteo organizado e convocado pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa con motivo da celebración dos días Brancos, que terán lugar os días 8, 9 e 10 de xuño no centro comercial aberto de Arzúa. O obxectivo do sorteo é a incentivación da demanda comercial nas tendas asociadas participantes durante a promoción. O premio a sortear consiste na estancia de unha noite para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico**** en cuarto dobre con vistas ao mar, almorzo buffet e un acceso dunha hora por persoa ao circuito marino (bono válido ata o 01/06/2023).

– Segunda

O sorteo tera lugar o 14 de xuño, en directo a través de Radio Arzúa, e tan só haberá un único gañador de entre tódalas mercas rexistradas no stand da organización da AECA, situado na Praza de Galicia o venres 10 de xuño, de 17h. a 21h., ao presentar tíckets de gasto por importe mínimo de 20 euros con data comprendida durante os Días Brancos do comercio, ademáis só serán admitidos os tíckets de tendas asociadas inscritas como participantes nos Días Brancos.

– Terceira

Tras a comprobación do tícket procederase ao rexistro da merca, para o cal estará disposta unha urna no stand da organización da AECA, onde se depositará a participación co nome e o teléfono de contacto do cliente participante. O tícket unha vez rexistrado será sellado pola organización para evitar a sua posible reutilización no sorteo. Unha mesma persoa podera rexistrar ao seu nome tantas mercas como tíckets de gasto presente, sempre que alcancen o gasto mínimo demandado.

– Cuarta

O cliente gañador será avisado telefónicamente para que recolla o bono agasallo da escapada às Rías Baixas con destino ao lugar As Mariñas Mougás, 36309 Oia – Pontevedra. O desfrute do premio será mediante previa reserva por parte do premiado e según disponibilidade do establecemento (*excepto Semana Santa e Agosto).

– Quinta

A necesaria recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega do premio, será respetando a normativa aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha copia do seu DNI, dirixido ao CCA Arzúa-AECA, con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1. 15810 Arzúa (A Coruña), coa referencia protección de datos sorteo Días Brancos.

O/A premiado/a cede nos términos legais necesarios os dereitos de imaxe das fotografías que se poidan tomar na recepción do premio outorgado por AECA.

A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas en A.E.C.A.

 

ASÍ DE FELIZ RECIBÍA O PREMIO DO SORTEO DÍAS BRANCOS DO COMERCIO A GAÑADORA MARI LUZ CASANOVA (15/06/2022)

IMAXE DA ENTREGA DO BONO AGASALLO “ESCAPADA ÁS RÍAS BAIXAS” NA SEDE DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DE ARZÚA

 

O 14/06/2022 tivo lugar o sorteo Días Brancos do comercio, según se establecía nas bases. O sorteo levouse a cabo coa colaboración da radio municipal, e foi emitido en directo a través de Radio Arzúa, no cal resultou gañadora Mari Luz Casanova. A merca rexistrada gañadora fora efectuada no establecemento asociado ÓPTICA ABAL durante a promoción dos DÍAS BRANCOS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Related Posts