Noticias

Últimas Noticias
MAMÁ MERÉCELO TODO …E UN POUQUIÑO MÁIS!!

MAMÁ MERÉCELO TODO …E UN POUQUIÑO MÁIS!!

» MAMÁ, merécelo todo …e un pouquiño máis!!» 🩷🌸🥰 

Así presenta AECA a nova campaña comercial do CCA Arzúa con motivo do Día da Nai.

🌸 AECA lémbranos que o domingo 5 de maio celébrase o DÍA DA NAI e anímanos a REGALAR co CCA ARZÚA.
👉 Ademáis ao agasallar co comercio local de AECA poderedes participar nun SORTEO DE VALES para volver consumir no CCA  💴🤩

🗳 Rexistrade do 19 de abril ao 5 de maio na urna de AECA disposta nas tendas asociadas as vosas mercas superiores a 15€ e a gañar premios!! 🎁 🎁

Aquí tedes as bases do sorteo   👇

BASES SORTEO CAMPAÑA DÍA DA NAI – ARZÚA CCA 2024

OBXECTO

Con motivo do Día da Nai, que se celebrará o vindeiro 5 de maio, e co fin de promocionar ao sector comercial asociado a AECA, así como fomentar a fidelización da clientela do CCA e atraer a novos clientes para incentivar as vendas dos establecementos asociados participantes, a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza un sorteo promocional con 200 euros en premios, repartidos en 3 vales, dentro de esta campaña.

DESTINATARIOS

Poderá participar na promoción cualquera persoa física, maior de idade, ao realizar unha compra superior a 15€ en calquera establecemento comercial asociado a AECA participante dentro do período de vixencia da campaña.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

A campaña desenrolarase entre o 19 de abril e o 5 de maio de 2024 nas tendas físicas asociadas.

MECÁNICA DA CAMPAÑA PARA OS ESTABLECEMIENTOS ADHERIDOS

Os comerciantes participantes na campaña entregarán aos seus consumidores unha copia do tícket por cada merca superior a 15€ para participar no sorteo, anotando no seu reverso o nome e teléfono do cliente, para despois introducilo na urna de AECA habilitada en cada local comercial.

Non poderán resultar premiados os asociados nin os seus familiares directos (hasta segundo grado e parellas de feito) así como tampouco os seus empregados, coas mercas efectuadas nos seus propios establecementos.

PREMIOS

Sortearanse os seguintes vales:

  • 1 VALE de 100€ a canxear en calquera establecemento hostaleiro asociado.

  • 1 VALE de 50€ a canxear en calquera establecemento comercial asociado.

  • 1 VALE de 50€ a canxear en calquera establecemento comercial asociado.

DATA E DESENROLO DO SORTEO

O sorteo será celebrado en directo dende a emisora de Radio Arzúa o martes 7 de maio de 2024, entre tódalas mercas rexistradas nas urnas dos comerciantes asociados durante a promoción e que cumpran coas presentes bases.

Se sae premiado un tícket coa data fóra do prazo establecido, ou ben cun importe inferior a 15€, ou cos datos de contacto non lexibles, quedará invalidado no mesmo momento do sorteo e sacarase outro tícket..

Unha mesma persoa poderá rexistrar para este sorteo tantas mercas como desexe durante acampaña do Día da Nai.

PUBLICACIÓN DOS GAÑADORES, PRAZO DO CANXEO DOS VALES E CADUCIDADE DOS PREMIOS.

Cada cliente gañador será avisado telefónicamente de que resultou premiado o mesmo día do sorteo, e será informado de que ten de prazo 1 mes para canxear o vale; caducando este o 7 de xuño de 2024.

O desfrute do premio será según establece AECA; o premio de 100€ será destinado ao consumo en calquera establecemento hostaleiro asociado, e os outros dous premios restantes de 50€ irán destinados ao consumo en calquera dos establecementos comerciais asociados participantes.

Cada gañador para reclamar o seu premio deberá previamente anticipar o gasto do vale, presentando na sede da AECA, sita no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa (no edificio da Estación de Servicio Teiraboa S. L.), tíckets de consumo ou merca, según corresponda, de locais pertencentes a AECA con data posterior ao sorteo do DÍA DA NAI do CCA Arzúa 2024, e por importe igual ou superior ao valor do premio, para poder recibir o abono do mesmo.

ENTREGA DE PREMIOS

Unha vez presentado o xustificante de gasto polo valor do premio, o gañador poderá cobrar o seu vale na sede da AECA, e será publicada a imaxe do momento da entrega nas redes sociais e/ou web da Asociación.

A aceptación do premio polo gañador implica a autorización por parte de AECA para facer uso do nome e imaxe con fíns publicitarios da campaña. En todo caso, o gañador poderá revocar en cualquera momento dita autorización enviando un documento por escrito, acompañándoo dunha fotocopia do seu DNI a AECA.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación no sorteo de esta campaña implica a aceptación sen reservas de estas bases.

FORZA MAIOR

No caso de que a promoción non se pudiera realizar adecuadamente, ben por fraudes detectados na mesma, erros de algún tipo o cualquera outra incidencia que non esté baixo o control de AECA ou contemplada nestas bases, e que afecte ao normal desenrolo da promoción, a Asociación resérvase o dereito a cancelar, modificar ou suspender a mesma, en cuxo caso a súa decisión será inapelable.

TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa (A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo DIA DA NAI CCA ARZÚA 2024, ou ben enviándoo a través do email: info@aecomarcadearzua.com

 

En Arzúa, a 18 de abril de 2024.

Related Posts