Noticias

Últimas Noticias
VOLVE O ARZÚA OUTLET DO 22 AO 31 DE AGOSTO CON GRANDES OPORTUNIDADES, ANIMACIÓN E 300 PREMIOS SEGUROS

VOLVE O ARZÚA OUTLET DO 22 AO 31 DE AGOSTO CON GRANDES OPORTUNIDADES, ANIMACIÓN E 300 PREMIOS SEGUROS

ARZÚA OUTLET

Do 22 ao 31 de agosto grandes oportunidades de merca en Arzúa e con premio seguro!!

Do 22 ao 31 de agosto o CENTRO COMERCIAL ABERTO de Arzúa celebrará o «Arzúa Outlet«; unha campaña comercial organizada por AECA para impulsar as vendas ao remate da tempada de verán, na cal os comercios ofreceran produtos en stock con agresivos descontos. Trátase dunha gran tentación para que os clientes acudan á caza das gangas e das súper ofertas de cara o final das segundas rebaixas. Os comercios participantes teran unha decoración común para ser identificados polos consumidores con globos de cores xunto coa moqueta da AECA. Durante o ARZÚA OUTLET poderemos atopar artículos de liquidación expostos ao público no exterior dos locais; na beirarrúa.

O último día da campaña, o día 31 de agosto, AECA levará a cabo na Praza de Galicia un reparto de agasallos promocionais ata fin de existencias (300 packs de produtos promocionais) para premiar as compras por importe mínimo de 30€ efectuadas nalgunha das 20 tendas asociadas participantes no Arzúa Outlet.

O mércores 31 de agosto a organización da AECA estará a repartir os premios seguros aos clientes do Arzúa Outlet na Praza de Galicia, en horario comercial pola mañá e pola tarde.

Os clientes ao presentar no stand da Asociación tíckets de merca por importe mínimo de 30€ e con data comprendida durante a campaña, levarán unha camiseta e unha gorra promocional.

Por outra banda o mércores 31 pola tarde, AECA ten programadas actividades de animación a cargo de Galicia Eventos e Ocio. A diversión estará asegurada cunha disco móbil con speaker que interactuará co público. Ademáis o animador organizará un espectáculo de baile na praza da vila, e tamén haberá xogos populares para todos.

Listado de comercios inscritos na campaña ARZÚA OUTLET:

ANAGRAMA LIBRERÍA

ARROUPADIÑOS

BOUTIQUE ANDURIÑA

CALZADOS IGLESIAS

CAROLA MODA

COMERCIAL ALFONSO SOUTO

DEPORTES LÓPEZ

ESTRENAS ZAPATERÍA

EUROPA ASIA

GUARNICIONERÍA HNOS. GÓMEZ

LAGE MODA

MD LENCERÍA E FOGAR

MI TATA

MIA MARÍA

MISS ZAPATOS

MODA SARI

NOVAVISIÓN ÓPTICA

ÓPTICA ABAL

SPORT MODA DEPORTES

VADI MODA

Related Posts