Noticias

Últimas Noticias
AECA organiza unha gran festa de animación infantil pola volta ao cole

AECA organiza unha gran festa de animación infantil pola volta ao cole

GRAN FESTA DA VOLTA AO COLE EN ARZÚA

O sábado 10 de setembro AECA celebra a Festa da volta ao cole; un evento co fin de dinamizar o comercio local; para motivar que as familias preparen a volta ao cole apostando polo consumo no comercio asociado.

A campaña consiste na organización dunha festa de animación infantil con diferentes actividades como inchábles, pintacaras, un carriño doce e animación musical para fidelizar aos clientes, e onde se premiaran as mercas coa entrega de agasallos (mochilas promocionais).

A festa será a cargo da empresa de animación Montamos la fiesta. Está programada para o sábado 10 de setembro pola tarde no recinto do Multiúsos Terra do Queixo, onde terán acceso tódalas familias que merquen nalgún comercio pertencente a AECA, e que presenten 1 tícket de gasto por neno/a e por importe mínimo de 20€, con data comprendida do 1 ao 10 de setembro.

Aos nenos que acrediten ese gasto no CCA Arzúa ou en calquera outro establecemento comercial pertencente á Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, entregaráselles unha pulseira identificativa no acceso ao recinto do Multiúsos, coa cal poderán desfrutar de tódalas actividades, e ademáis se lles entregará como agasallo unha mochila promocional da AECA.

O obxectivo da campaña é premiar ás familias que preparen a volta ao cole co comercio local e visibilizar as vantaxes de mercar no pequeño comercio; promocionando as tendas con actividades comerciais vinculadas á venta de material escolar, informático, deportivo, de equipación personal para nenos ou xóvenes, e de calquera outro tipo de mercadoría relacionada coa volta ao cole existentes no cca Arzúa, e posicionando a éstas como a mellor opción de merca fronte a outras grandes superficies e xigantes on line, que non prestan un servicio personalizado e de confianza como o comercio local; coa tranquilidade e o aforro de tempo e diñeiro que supón mercar na proximidade.

Related Posts