Noticias

Últimas Noticias
VOLTA AO COLE SOLIDARIA: AECA ORGANIZA UNHA RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR NAS LIBRARÍAS ASOCIADAS PARA FAMILIAS NUMEROSAS E DESFAVORECIDAS

VOLTA AO COLE SOLIDARIA: AECA ORGANIZA UNHA RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR NAS LIBRARÍAS ASOCIADAS PARA FAMILIAS NUMEROSAS E DESFAVORECIDAS

CARTAZ VOLTA AO COLE SOLIDARIA

Aproxímase a volta ao cole , e un ano máis a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa  toma medidas de responsabilidade social e decide poñer en marcha unha  iniciativa filantrópica, mediante a organización dunha RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR que será donado a Cáritas de Arzúa; para que ésta entidade o canalice en favor das familias numerosas e/ou máis necesitadas da Comarca.

Trátase da donación de mercas efectuadas no Centro Comercial Aberto de Arzúa para colaborar na necesaria equipación escolar de nenos/as que se encontren en situación de vulneravilidade.

AECA para levar a cabo esta acción social estblece 2 puntos de recollida onde a xente podera depositar a súa donación a partires do 23 de agosto e ata o 8 de setembro; será na Librería Cartafol na avda. Lugo, 18 e na Libreria Os Picariños, na rúa Santiago, 10 en Arzúa.

Dende a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa agradecen aos coordinadores de Cáritas Arzúa a súa colaboración para xestionar esta acción social, quenes de seguro destinarán da mellor maneira a donación aportada polos veciños solidarios da Comarca de Arzúa.

AECA quere promocionar tamén o consumo no comercio local pola volta ao cole,  destacando a importancia de mercarlles aos comerciantes veciños para contribuír á mellora da economía do lugar onde vivimos.

Así mesmo, a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa salienta ademáis que o Centro Comercial Aberto de ARZÚA dispón de todo o necesario para a equipación dos cativos, sen que haxa necesidade de desprazarse ás grandes superficies nas cidades,  aforrando así tempo e diñeiro, nin mercar a xigantes on line que non aportan as vantaxes nin a confianza ao cliente como os comerciante locais.

ESTA VOLTA AO COLE MERCA LOCAL, MERCA SEGURO, MERCA EN CONFIANZA NO CCA ARZÚA

MOMENTO DA ENTREGA DO MATERIAL ESCOLAR RECOLLIDO POLA CAMPAÑA VOLTA AO COLE SOLIDARIA A CÁRITAS ARZÚA
Esta mañá a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa fixo entrega de todo o material recollido nas librarías asociadas á coodinadora de Cáritas Arzúa, para destinalo ás familias desfavorecidas e numerosas que máis o estén a precisar.
????✏️??✂️????
Dende AECA queremos agradecer a colaboración de CÁRITAS ARZÚA por xestionar o reparto dos materiais recollidos, e a LIBRARÍA OS PICARIÑOS e LIBRARÍA CARTAFOL pola súa implicación nesta acción social.
E como non, MOITAS GRACIAS a todas e cada unha das persoas que quixéstedes aportar o voso gran de area a ésta iniciativa solidaria.

Related Posts