Noticias

Últimas Noticias
PARTICIPA NOS DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO EDICIÓN VERÁN COAS TÚAS MERCAS DO CCA ARZÚA

PARTICIPA NOS DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO EDICIÓN VERÁN COAS TÚAS MERCAS DO CCA ARZÚA

🔵 MERCAR NO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA TEN PREMIO !!
🔵 DO 5 AO 25 DE XUÑO celebra con nós os DÍAS AZUIS edición verán❗️🌞🎉🎉
Coas túas mercas no CCA Arzúa poderás entrar no SORTEO de 12.000€ en tarxetas regalo de 150€ e 250€  💳💳 
Participar é moi doado 👇
🔹 Merca no comercio local do 5 ao 25 de xuño 🛍️
🔹 Rexistra a túa compra en www.diasazuis.com 📲
🔹 Garda o teu ticket de compra 🧾
Apoia sempre ao comercio galego, merca en ARZÚA❗️ 💙 

 

A campaña «Días Azuis do Comercio Galego» é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia (AECA – CCA ARZÚA)

A campaña terá lugar entre o 5 e o 25 de xuño de 2023 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 31 de outubro de 2023. O sorteo realizarase ante notario o 29 de xuño de 2023.

Para participar na campaña, proporcionámoste 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra na web www.diasazuis.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios obterás unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, tí como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola FGC e a AECA para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es

Related Posts