Noticias

Últimas Noticias
O SORTEO DE OUTONO ven premiar as mercas do 6 ao 19 de novembro no CCA ARZÚA

O SORTEO DE OUTONO ven premiar as mercas do 6 ao 19 de novembro no CCA ARZÚA

 

 

 

Saúdos, seguidores do Centro Comercial Aberto de Arzúa, traémosvos novidades !!

 

AECA celebra un novo sorteo para motivar e premiar as mercas no CCA Arzúa polo mes de novembro: «O SORTEO DE OUTONO»

A campaña prolongarase do 6 ao 19 de novembro, e poderán participar do sorteo tódalas compras que alcancen un gasto superior a 15€, efectuadas en calquera comercio asociado.

O 23 de novembro de 2023 terá lugar o SORTEO DE OUTONO en directo a través de Radio Arzúa, do cal resultará un único gañador, que poderá desfrutar dun estupendo nórdico plumón 150, de 240gr/m2 + 1 funda de agasallo.

E tí podes ser ese único gañador, só tes que facer algunha merca no comercio local asociado e probar sorte.

Achégate ao CCA Arzúa e descubre xa os teus produtos favoritos de outono!

 

O Sorteo de Outono é unha actividade de incentivación comercial organizada por AECA e cofinanciada polo Concello de Arzúa.

Para máis información, podedes consultar a continuación as bases de participación:

BASES DE PARTICIPACIÓN:

Primeira.

Éste sorteo subvencionado polo Concello de Arzúa e organizado por AECA co fin da incentivación do consumo no comercio asociado e a fidelización dos clientes do CCA Arzúa, consistirá no sorteo de 1 nórdico 150 plumón ICELANDS 240gr/m² + 1 funda. O sorteo terá lugar o 23/11/2023 en directo a través de Radio Arzúa, entre tódalas mercas rexistradas nas urnas da AECA, que estarán a disposición dos clientes nos mostradores dos comercios asociados, dende o 6 de novembro ata o 19 de novembro. E as mercas que participarán do sorteo serán por importe superior a 15€.

Segunda.

Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca, no

CCA de Arzúa por valor de superior a 15€ e que sexa efectuada durante o período da campaña. Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador dos locais asociados, onde será depositada a copia do tícket de merca no cal o cliente anotará o seu nome e teléfono de contacto no seu reverso. Se saíra premiado un tícket coa data fóra do prazo establecido, ou cun importe inferior a 15€ ou cos datos de contacto non lexibles, éste quedaría invalidado no mesmo momento do sorteo e sacaríase outro tícket.

Unha mesma persoa poderá rexistrar para o sorteo tantas mercas como desexe durante a campaña do SORTEO DE OUTONO.

Terceira.

O cliente gañador, unha vez sexa avisado telefónicamente de que resultou premiado, deberá recoller o seu premio na sede da AECA, sita no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º, 15810 Arzúa, no prazo límite de 15 días naturais dende a data do sorteo. Se non fora recollido, AECA daría por feito que o premiado renuncia ao seu premio.

Cuarta.

Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrialde Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa ( A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo de Outono.

Quinta.

A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas na Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.

 

Related Posts