Noticias

Últimas Noticias
A CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN DA AECA SORTEA PREMIOS E VEN DECORAR O CCA ARZÚA CUN «PHOTOCALL DO AMOR»

A CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN DA AECA SORTEA PREMIOS E VEN DECORAR O CCA ARZÚA CUN «PHOTOCALL DO AMOR»

❤

ARZÚA, CENTRO COMERCIAL ABERTO

❤

SORTEO – SAN VALENTÍN – DO 5 AO 17 DE FEBREIRO –

Este San Valentín agasalla e gaña coas túas mercas locais ‼️🛍👌

Participa no SORTEO e poderás levar unha CESTA AGASALLO que te vai namorar (este premio podes atopalo exposto na tenda asociada: Chorima Perfumería)
ou ben poderás desfrutar dunha CEA ROMÁNTICA elaborada polo chef Alex Iglesias no Restaurante DÚAS LIÑAS en Arzúa.
Pero iso non é todo; achégate ao CCA Arzúa e descubre o PHOTOCALL DO AMOR instalado na Praza de Galicia (aberto ao público só en horario comercial). Quedarás namorado coa súa decoración temática 😍 📸  e conseguirás uns selfies de San Valentín🔝🔝

[Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia]

 

O SORTEO DE SAN VALENTÍN será celebrado pola A.E.C.A. o vindeiro 20/02/2024 en directo a través de Radio Arzúa

BASES DE PARTICIPACIÓN NO SORTEO DE SAN VALENTÍN:

Primeira.

Este sorteo convocado e organizado por AECA con motivo do SAN VALENTÍN consiste no sorteo de 2 premios para a incentivación comercial do CCA Arzúa:

  • Unha CEA ROMÁNTICA para dous elaborada polo chef Alex Iglesias, a desfrutar no Restaurante Dúas Liñas.

  • Unha CESTA AGASALLO de San Valentín, exposta en Chorima Perfumería.

Do sorteo que terá lugar o 20/02/2024 en directo a través de Radio Arzúa, resultarán dous clientes premiados de entre tódalas mercas efectuadas no Centro Comercial Aberto de Arzúa que se rexistren durante a campaña e que cumpran coas presentes bases.

Segunda.

Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca, no CCA de Arzúa ou en calquera outro establecemento comercial asociado a AECA, por valor superior a 15€ e con data comprendida dende o día 5 de febreiro ata o 17 de febreiro de 2024 (ambos días inclusive).

Terceira.

Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador dos locais asociados, onde será depositada unha copia do tícket de merca co nome completo e o teléfono de contacto do participante ben lexible no seu reverso.

Cuarta.

Se sae premiado un tícket con data fóra do prazo establecido, ou cun importe non superior a 15€ quedará invalidado no mesmo momento do sorteo e sacarase outro tícket.

Quinta.

Non está permitido acumular varios tíckets por importe inferior a 15€ para conseguir unha participación no sorteo, e unha mesma persoa poderá rexistrar tantas mercas como desexe pero non poderá ser a gañadora de máis dun premio.

Sexta.

Unha vez extraídos os tíckets dos dous clientes gañadores, sacaráse outro tícket premiado en reserva a maiores por cada premio, por se algún dos premiados puidera renunciar ao mesmo; co fin de garantír a entrega dos premios.

Séptima.

Unha vez sexan avisados os premiados telefónicamente e éstos acepten o premio, para a recollida ou desfrute dos mesmos, terán unha data límite dun mes dende a data do sorteo, momento no cal os premios caducarán.

Oitava.

Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa ( A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo San Valentín 2024.

Novena.

Os gañadores do sorteo ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das fotografías que se tomen na recepción do premio outorgado por AECA.

A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas en A.E.C.A.

 

Related Posts