Noticias

Últimas Noticias
FESTA DE PAPÁ NOEL 2019 ORGANIZADA POR AECA

FESTA DE PAPÁ NOEL 2019 ORGANIZADA POR AECA

O vindeiro 24 de decembro tedes unha cita coa Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.

Celebraremos a Festa de Papá Noel no Multiúsos Terra do Queixo como é tradición. Será de 16h. a 20h. da tarde.

Haberá a tradicional recepción de Papá Noel e unha degustación de hot-dogs para todos.

Os máis cativos ademáis poderán desfrutar de actividades lúdicas e de animación como inchables, e do gran obradoiro «Xogos do mundo».

Para rematar AECA sorteará moitos agasallos entre os nenos que acrediten ser clientes do Centro Comercial Aberto de Arzúa ou de algún dos demáis establecementos asociados da Comarca.

Tan só precisas dun tícket de merca ou consumo de calquera establecemento asociado a AECA con data do 22, 23 ou 24 de decembro e darémosche unha pulseira coa que poderás participar de tódalas actividades programadas.

Anímate a pasar con nós unha tarde de lecer en familia que non esquecerás! Esperámoste!!

RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL EN ARZÚA
Festa organizada por AECA para a dinamización comercial do Centro Comercial Aberto de Arzúa

Related Posts