Noticias

Últimas Noticias
AECA SORTEARÁ ESTA CAMPAÑA DE NADAL 9.000€ EN PREMIOS NO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA

AECA SORTEARÁ ESTA CAMPAÑA DE NADAL 9.000€ EN PREMIOS NO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA

PREMIOS SORTEO DE RIFAS A.E.C.A. 2019
SORTEO DE 12 EXTRAORDINARIOS PREMIOS EN RIFAS.

AECA sorteará este Nadal 9.000€ en premios no Centro Comercial Aberto de Arzúa e demáis establecementos asociados da Comarca, para a dinamización da actividade comercial; co obxectivo de fidelizar aos clientes de sempre e de atraer a novos consumidores a Arzúa.

A Asociación de Empresarios levará a cabo un sorteo de bonos valorados nun total de 4.850 € para volver mercar no comercio asociado, e tamén haberá un sorteo de rifas, con 12 premios valorados en máis de 4.000€: 1.000€ para decorar o teu fogar, 1 móbil, 1 patinete eléctrico, 1 smart tv, 1 seguro para o vehículo/fogar, 1 cambio de rodas para o vehículo, 1 robot aspirador, 3 ceas para desfrutar en restaurantes asociados, 1 bono agasallo de beleza e benestar e 1 cesta de produtos locais de empresas asociadas.

Serán case 100 os clientes premiados no Centro Comercial Aberto de Arzúa esta campaña, que rematará o 8 de xaneiro.

4.850€ EN BONOS DE A.E.C.A. E ASOCIADOS
¡¡ESTE NADAL MERCAR AQUÍ TEN PREMIO!!

Os sorteos teran lugar en directo coa colaboración de Radio Arzúa os días 9 e 10 de xaneiro.

Related Posts