Noticias

Últimas Noticias
AECA organiza o sorteo dunha SÚPER CESTA DE NADAL de luxo

AECA organiza o sorteo dunha SÚPER CESTA DE NADAL de luxo

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa ven de poñer en marcha para este Nadal o sorteo dunha SÚPER CESTA DE NADAL valorada en máis de 3.500€ !!!

AECA puxo en marcha este magnífico sorteo con tan só 1000 rifas en xogo !!
Sen dúbida esta é unha gran oportunidade para facerse cunha cesta de auténtico luxo, e poder desfrutar duns manxares exquisitos.
A iniciativa xurde co obxectivo de recaudar algúns fondos para contribuír na continuidade do proxecto asociativo da AECA.
Por cada rifa da Súper Cesta é requerido un donativo de 5€, así que ao participar no sorteo estarás a colaborar coa Asociación, para que AECA siga coa súa labor de dinamización comercial no Centro Comercial Aberto de Arzúa e se poidan levar a cabo outras actividades de promoción económica na Comarca de Arzúa.
O único número gañador de este sorteo será aquel que coincida coas 3 últimas cifras do premio Gordo de Nadal.
A cesta estará exposta ao público na Avenida de Lugo, n° 30 (no antiguo local de APP Informática) durante a campaña de nadal ata o día do sorteo.
Pasen e vexan esta impresionante cesta de luxo !!
O vindeiro 22 de decembro descubriremos co Sorteo da Lotería Nacional cal será a familia afortunada que desfrute na Noiteboa de esta marabillosa cesta, composta por unha gran variedade de produtos de excelente calidade como viños, licores, champán francés, lote de embutidos, xamóns ibéricos 100% bellota, lote de conservas, lote de doces de nadal artesanais, produtos locais gourmet como o queixo e o mel entre outras delicatessen, .. etc. Ademáis a cesta inclúe premios tecnolóxicos e electrodomésticos como unha smart TV, unha escoba aspiradora sen cable, unha tostadora, unha bicicleta, .. … etc
AECA estableceu como puntos de recollida de rifas os seguintes establecementos:
Miss Zapatos
Perfumería Chorima
APP Informática
Oficina de AECA
Carnicería Mosquera
Faite coa túa rifa antes de que se esgoten por completo!!
Gracias pola vosa colaboración, xuntos facemos máis !!
Sorte e felices festas a todos !!

Related Posts