Noticias

Últimas Noticias
AECA CELEBRA O ENTROIDO COA VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS

AECA CELEBRA O ENTROIDO COA VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS

Listado de establecementos asociados inscritos no Entroido para a celebración da VIII edición do CONCURSO DE DISFRACES polos bares de AECA 2023:

– A QUEIXEIRA DE ARZÚA
– BAR LUÍS
– BAR MANOLO
– O REFUXIO TAPERÍA
– BAR KARPER
– O FURANCHO D’SANTISO
– CAFÉ TEATRO (domingo pechado)
– CAFÉ BAR PRAZA
– BAR O BO CAMIÑO BY RVP
– BAR AMEIXA (domingo pechado)
– CAFETERÍA DEGUSTACIÓN ARZÚA 

BASES VIII EDICIÓN CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS A A.E.C.A. (ENTROIDO 2023)

1ª. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa con motivo da celebración do Entroido convoca o VIII Concurso de Disfraces que terá lugar polos bares asociados inscritos durante o sábado día 18 de febreiro, dende as 18:00h. ata rematar o domingo 19 ás 24:00h.

2ª. Poderá participar calquera persoa maior de idade, ou calquera menor acompañado dun adulto, que o desexe. Os participantes que deberán acudir disfrazados a algún dos locais asociados inscritos no prazo establecido en calidade de clientes, terán dereito a unha degustación de tapas típicas de Entroido con cada consumición.

3ª. Estando no interior dun local inscrito terán que fotografiarse de modo que amosen ben os disfraces e se vexa cal é o bar asociado, para despois colgar unha imaxe na páxina de Facebook: Aeca Asoc Empresarios antes das 24:00h. do domingo 19 de febreiro.

4ª. O xurado popular do Facebook será quen determine aos gañadores nas dúas categorías que se establecen: modalidade individual ou en parella, e modalidade en grupo ou comparsa.

5ª. Os participantes que máis me gustas obteñan antes do lúns día 20 en cada categoría, serán os gañadores dos seguintes premios:

Categoría individual ou en parella: 1 xantar/cea valorado en 50€ a desfrutar nun local hostaleiro asociado a A.E.C.A. e 1 lote de produtos Estrella Galicia.

Categoría en grupo ou comparsa: 1 bono de 500€ e 1 súper lote de produtos Estrella Galicia.

6ª. En caso de empate nalgunha das categorías, os representantes de AECA serán quenes valoren e determinen os gañadores sendo éste un fallo inapelable.

7ª. AECA dará a coñecer aos gañadores a través da súa páxina de facebook o día 20 de febreiro, e cando chegue o momento faránse públicas as imaxes da entrega dos premios.

8ª. Unha mesma persoa non poderá participar en ambas modalidades. E tan só se terá en conta unha fotografía por cada participación; que deberá estar etiquetada na biografía de Aeca Asoc Empresarios. Tamén debe aparecer o nome do bar na publicación; rexistrando a visita, ou ben etiquetando ao hostaleiro, ou ben poñendo un hashtag co nome do bar onde se fixo a foto participante.

9ª. Así mesmo AECA resérvase o dereito de declarar os premios desertos por falta de calidade nos disfraces ou por incumprimento das bases. A organización poderá tomar calquera decisión con respecto as presentes bases de xurdir algunha dúbida ou cuestión.

10ª. A participación neste concurso implica a total aceptación de éstas bases depositadas en A.E.C.A.

Related Posts