Noticias

Últimas Noticias
MERCA NO CCA ARZÚA E PARTICIPA NO SORTEO DOS DÍAS AZUIS EDICIÓN OUTONO

MERCA NO CCA ARZÚA E PARTICIPA NO SORTEO DOS DÍAS AZUIS EDICIÓN OUTONO

Os días azuis do comercio galego regresan ao Arzúa CCA ata o 20 de novembro

 

DÍAS AZUIS EDICIÓN OUTONO NO ARZÚA CCA DO 1 AO 20 DE NOVEMBRO

A campaña «Días Azuis do Comercio Galego» é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 1 e o 20 de novembro de 2022 e nela poden participar todos os clientes do comercio asociado a AECA que merquen nestas datas.

Sortearanse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos . O sorteo realizarase ante notario.

Para participar na campaña, proporcionámoste 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.diasazuis.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios. Deste xeito, tí como consumidor obterás unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, tí como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.

 

Related Posts