Noticias

Últimas Noticias
ESTE NADAL AECA REPARTIRÁ ENTRE @S NEN@S CLIENTES DO CCA ARZÚA 30 AGASALLOS POLO SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL

ESTE NADAL AECA REPARTIRÁ ENTRE @S NEN@S CLIENTES DO CCA ARZÚA 30 AGASALLOS POLO SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL

📯 Atención rapazada ‼️
Comezamos a campaña de Nadal co SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL
A partires de este sábado 4 de decembro os comercios do Centro Comercial Aberto de Arzúa contarán xa nos seus establecementos coas postais de AECA edición Nadal 2021 para escribirlle a Papá Noel.
Dita postal será válida ademáis para que os menores de 14 anos participen dun sorteo de 30 agasallos que celebrará a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa tras o 25 de decembro en directo pola radio municipal. 🎁🎁🎁🎁🎁
Así que ao efectuar unha merca nalgún dos comercios asociados a AECA durante esta campaña de Nadal pedídelle a postal ao comerciante 😉
🛍🛍 👍
🎄No sorteo CARTA A PAPÁ NOEL só entrarán as postais modelo AECA edición 2021, que os nenos depositen antes do 25 de decembro no buzón da Asociación que se habilitará na CASIÑA DE PAPÁ NOEL que será instalada na Praza de Galicia en Arzúa, e onde terá lugar a recepción de Papá Noel os días 23 e 24 de decembro 🎅
📌Tódolos nen@s que cumpran coas bases, cubran a postal correctamente co seu nome, apelidos e idade, e a depositen no citado punto de recollida contarán cunha participación neste sorteo.
📌 Lembra que cada nen@ tan só poderá ser premiad@ cun único agasallo; e tan só se aceptará unha participación por nen@ no sorteo. É decir, non é necesario depositar máis de 1 postal no buzón, xa que as participacións non son acumulativas.
📌 Os nenos gañadores terán un mes de prazo dende o sorteo para reclamar o seu premio na sede da AECA.
A correspondente cumprimentación dos datos persoais na postal implica a conformidade por parte dos pais/tutores legais do menor, no tratamento dos mesmos por parte da AECA, con fins de promocións comerciais na campaña de nadal 2021. Así mesmo, o nome e a imaxe dos menores premiados poderán ser publicados nas redes sociais e na páxina web da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
A participación neste sorteo implica a total aceptación das bases depositadas en AECA
S

Related Posts