Noticias

Últimas Noticias
Este Nadal AECA e asociados sortean 4.700€ en bonos

Este Nadal AECA e asociados sortean 4.700€ en bonos

 

Para apoiar a campaña de Nadal; incentivar as ventas e fidelizar aos clientes, AECA pon en marcha un sorteo de 4.700€ en bonos que serán repartidos nos 47 establecementos participantes.

Estos premios serán canxeados para consumir de novo nos comercios, axudando a reactivar así a actividade comercial despois do nadal.

Por cada merca que se realice antes do 7 de xaneiro os clientes terán unha participación neste sorteo de bonos, quenes cubrirán os seus datos nun cartón para introducilo na urna de AECA, da que dispoñen tódolos establecementos.

Posteriormente, o 12 de xaneiro a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa levará a cabo o sorteo a través da radio local onde se extraerán os nomes dos gañadores.

Os “vales de compra” aportados polos comerciantes son todos por valor de 50€ para canxear no mesmo establecemento, e os bonos aportados por AECA, valorados nun total de 2.000€ son por importes de 250, 200, 150, 100 e 50 euros, todos eles para volver consumir en calquera dos establecementos asociados participantes nesta campaña.

Os premiados terán dous meses de prazo para reclamar o seus bonos dende a data do sorteo.

Este nadal AECA invita a consumir  no comercio local asociado máis ca nunca, para salvar unha campaña crucial para os nosos comerciantes tras un longo ano cheo de dificultades.

É responsabilidade de todos apoiar ao comercio local, por nós e por todos.

Mercar local é facer un consumo máis sostible, responsable, intelixente e solidario. É unha práctica que repercute directamente na economía do noso lugar.

A decisión está nas nosas máns!

¡¡A mellor opción é o comercio local!!

Related Posts