Novavisión Óptica é un establecemento sanitario que abriu as súas portas en Arzúa no ano 2010.

Achegando a nosa experiencia e dedicación, ofrecemos unha atención personalizada e de calidade a quen se achegue ao noso establecemento.

Ofrecemos servizos ópticos para o control da súa saúde visual como: exames visuais, fondo de ollos, control de tensión ocular, adaptación de lentes de contacto.

Co noso servizo audiolóxico poderá mellorar ou recuperar a súa experiencia auditiva.

Tamén lle asesoraremos na elección do produto que máis lle conveña; monturas, lentes graduados, lentes de Sol.

En Novavisión traballamos con equipamento de primeiras marcas para garantirlle a mellor das atencións.

Como establecemento sanitario autorizado contamos cos seguintes números de rexistros: E-15001111 e E-15001309. Ademais estamos adheridos ao convenio do SERGAS » ollo cos ollos».

Características