Dispoñemos dun total de 4.500 m2 de exposición, fabrica de sofás, fabrica e almacén de mobles e colchóns. Estamos en disposición de dar solución a todas as propostas de decoración que nos expoñan os nosos clientes.

Realizamos traballos a medida e segundo deseño do cliente dando solución a calquera problema que nos expoña a vivenda (falsos escuadros, columnas, habitacións con teitos en caída,….).

Ademais dos produtos de fabricación propia, traballamos coas mellores fabricas para abarcar todos os estilos e orzamentos en decoración.

Asesoramos ao cliente axudándolle realizar o seu proxecto de decoración axustándonos sempre aos seus gustos, buscando sempre a mellor relación calidade – prezo que se axuste ao orzamento dispoñible.

Realizamos de forma gratuíta o seu proxecto en 3D, para que ao cliente lle sexa mais fácil orientarse á hora de decidir acabados e formas, podendo ver como quedan os mobles na súa casa antes de decidirse a compralos.

Transportamos e instalamos os seus mobles, sempre por un equipo propio de profesionais. Contamos con servizo post-venda para solucionar calquera contratempo que poida xurdir despois da instalación do mobiliario.

Con todo isto tentamos que o noso cliente quede totalmente satisfeito coa compra realizada.

Características