Casa Brandariz está situada en Dombodán – Arzúa, case no límite que separa as provincias da Coruña e Pontevedra, en Galicia. É unha tradicional casa galega de labranza, de orixe centenaria (data de 1523), edificada nun terreo abrupto e adáptase perfectamente á contorna rural e natural que a rodea, nunha zona de gran interese paisaxístico e ambiental, desde a que se pode ir dando un paseo ata o pantano de Portodemouros.

É o lugar ideal para o merecido descanso do peregrino antes da súa última etapa cara a Compostela, pola súa proximidade ao Camiño de Santiago, onde conflúen os roteiros do Norte, Primitivo e Francés.

A casa foi restaurada con gran esmero e materiais propios do lugar, consta de dúas zonas ben diferenciadas, unha a do Comedor con fonte de pedra, Sala de estar e Biblioteca, Lareira e Reservado onde se situaba o antigo forno do pan, entre outros elementos tradicionais e a outra parte, composta por sete habitacións.

Características