Noticias

Últimas Noticias
Comeza “ARZÚA A TÚA TENDA”; unha campaña para promover o consumo local coa emisión de 750 BONOS

Comeza “ARZÚA A TÚA TENDA”; unha campaña para promover o consumo local coa emisión de 750 BONOS

O vindeiro lúns da comezo a Campaña “Arzúa a túa tenda”.
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa asinou un convenio de colaboración co Concello de Arzúa para a xestión dunha subvención que consistirá na emisión de  750 bonos para o consumo en Arzúa.
Esta convocatoria de axudas do concello, ten por finalidade apoiar económicamente, e reactivar a actividade do sector de hostalería e comercio a través do fomento do consumo; promovendo o desenvolvemento local nun difícil momento de crise económica derivada da pandemia.
A partires do lúns 1 de febreiro os veciños do Concello de Arzúa poderan pasar pola oficina de AECA sita no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1 (edificio da estación de servicio), para adquirir os bonos da campaña “Arzúa a túa tenda”.
O horario de atención ao público será de 10h. a 14h. e de 16h. a 18h. de lúns a venres.
O prazo para adquirir os bonos rematará o 12 de marzo ou cando se esgoten as existencias (750 bonos).
O custe de adquisición do bono será de 30€, e terá un valor de 50€ (Os 20€ restantes serán abonados polo Concello).
As persoas interesadas en solicitalo deberán presentarse co seu DNI orixinal na sede da AECA. (Só persoas adultas)
Dita convocatoria é só para persoas empadroadas no termo municipal de Arzúa.
Cada unidade familiar poderá adquirir como máximo dous bonos.
Prégase que cando acudan á sede da AECA cumpran en todo momento coas medidas anti COVID-19, recorden: hixiene de máns, uso de máscara e manter distancia de seguridade.
Os bonos poderán ser canxeados en máis de 30 establecementos comerciais e hostaleiros de Arzúa.
Próximamente anunciaremos cales son os locais participantes!!
Aquí poden consultar as bases da campaña: https://sede.concellodearzua.com/opencms/export/sites/arzua/recursos/downloads/Tablon/anuncio-en-castellano.pdf

Related Posts