Noticias

Últimas Noticias

AECA REPARTE 600€ EN PREMIOS POLO SORTEO DE OUTONO

¡¡ O 24 de novembro AECA reparteu 600€ en premios polo SORTEO DE OUTONO !!
O sorteo foi emitido en directo a través de Radio Arzúa o pasado martes, e nel participaron tódalas mercas rexistradas no CCA dende o 2 ao 22 de novembro.
AECA puxo en marcha esta iniciativa para premiar a fidelidade dos clientes e incentivar o consumo nunhas semanas que adoitan ser pouco produtivas para o comerciante, xa que estamos na antesala do nadal.
A campaña foi moi ben acollida polos clientes, quenes son conscientes do esforzo que os comerciantes están a facer para manter os seus negocios nunha época tan marcada pola pandemia.
Por iso dende AECA queremos agradecer aos clientes do CCA, tan comprometidos co comercio local, o apoio que lles están brindando aos seus veciños,
Gracias a todos os que participástedes neste sorteo ao mercar no comercio local asociado durante ésta promoción e … ¡¡¡ noraboa a todolos afortunados!!! ? ???????
Os bonos premiados son a gastar en calquera establecemento participante no Sorteo de Outono, antes do 24 de xaneiro de 2021.

Related Posts