Noticias

Últimas Noticias
A campaña “CARTA A PAPÁ NOEL” de AECA repartirá 30 agasallos de entre tódolos nenos clientes do CCA de Arzúa

A campaña “CARTA A PAPÁ NOEL” de AECA repartirá 30 agasallos de entre tódolos nenos clientes do CCA de Arzúa

¡¡¡Atención rapaces e rapazas!!, anunciamos a campaña de dinamización comercial “CARTA A PAPÁ NOEL”.
Faite coa postal de AECA ao mercar en calquera dos comercios asociados e participa dun sorteo 30 agasallos!!
A partires do 1 de decembro os comercios do Centro Comercial Aberto de Arzúa contarán nos seus establecementos cunhas postais orixinais de “AECA” para enviar a Papá Noel, que os clientes do  poderán conseguir ao mercar nas tendas asociadas.
A CARTA A PAPÁ NOEL de AECA será válida tamén para que os menores poidan participar dun sorteo de agasallos que celebrará a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa tras o 25 de decembro.
No sorteo CARTA A PAPÁ NOEL só entrarán as postais modelo AECA, que os nenos depositen antes do 25 de decembro no buzón que a Asociación habilitou para tal fin, xunto ao parque infantil de Arzúa.
Tódolos nenos que consigan a postal de “CARTA A PAPÁ NOEL” de AECA nalgún dos comercios do CCA de Arzúa, a cubran co seu nome, apelidos e idade, e a depositen no citado punto de recollida contarán cunha participación neste sorteo.
O vindeiro martes 29 de decembro celebrarase o sorteo en directo en Radio Arzúa e repartiranse 30 agasallos de entre tódolos participantes que cumpran coas presentes bases.
Cada neno/a tan só poderá ser premiado/a cun único agasallo.
A correspondente cumprimentación dos datos persoais na postal implica a conformidade por parte dos pais/tutores legais do menor, no tratamento dos mesmos por parte da AECA, con fins de promocións comerciais na campaña de nadal 2020.
Así mesmo, o nome e a imaxe dos menores premiados poderán ser publicados nas redes sociais e na páxina web da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
Os nenos gañadores terán un mes de prazo para reclamar o seu premio na sede da AECA tras o sorteo.

Related Posts