Noticias

Últimas Noticias
ESTE NADAL AECA SORTEA 30 AGASALLOS DE ENTRE OS CATIVOS CLIENTES DO CCA ARZÚA

ESTE NADAL AECA SORTEA 30 AGASALLOS DE ENTRE OS CATIVOS CLIENTES DO CCA ARZÚA

🎅📯 Hey rapaces ‼️ Xa está a aquí o Nadal un ano máis ‼️
E AECA quere que os clientes máis cativos do seu CCA sigan sendo os protagonistas da súa campaña ‼️
🎅 O sorteo CARTA A PAPÁ NOEL xa está en marcha, e tódolos nosos comerciantes asociados están a esperarvos para que pasedes a recoller a vosa carta para escribirlle a Papá Noel. Sí, aquí en Arzúa en calquera tenda do noso Centro Comercial Aberto 🛍 📨👍
🎅 Ao mercar en calquera comercio asociado conseguiredes a postal edición Nadal 2022 para escribirlle a Papá Noel e ademáis poderedes participar no SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL ‼️
🎅 Para participar tan só tedes que depositar a postal da AECA no buzón da Casiña de Papá Noel situada no Multiúsos de Arzúa, onde terá lugar a recepción de Papá Noel o 24 de decembro pola tarde  🎁🎁🎁🎁
Atentos ás bases de participación 👇
📌 Tan só os menores de 12 anos poderán participar de éste sorteo presencial no cal a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa repartirá 30 estupendos agasallos. O Sorteo CARTA A PAPÁ NOEL será no interior do multíúsos o videiro 24 de decembro a partires das 20h.; ao remate da Festa de Papá Noel.
📌 Só serán admitidas no sorteo CARTA A PAPÁ NOEL as postais modelo AECA edición 2022 conseguidas en algún local asociado e depositadas antes das 20 h. do 24 de decembro no buzón da AECA habilitado na CASIÑA DE PAPÁ NOEL instalada no acceso ao Multiúsos de Arzúa.
📌 Aqueles nen@s que cumpran coas presentes bases, cubran a postal correctamente co seu nome, apelidos e idade, e a depositen no citado punto de recollida contarán coa súa participación neste sorteo.
📌 Cada nen@ tan só poderá ser premiad@ cun único agasallo; é decir, non se aceptará un segundo premio por nen@.
(Ademáis; sobra decir que a Papá Noel hai que escribirlle unha soa vez …)
📌 Os nenos que resulten premiados deberán estar presentes no momento do sorteo para recoller o agasallo. No caso de estar algún ausente daráse por feito que renuncia ao premio, e procederáse a sacar outra postal, así ata rematar de repartir todos os agasallos entre os participantes presentes.
ℹ️ Cláusula informativa: a correspondente cumprimentación dos datos persoais na postal SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL implica a conformidade por parte dos pais/tutores legais do menor, no tratamento dos mesmos por parte da AECA, con fins de promocións comerciais na campaña de nadal 2022. Así mesmo, o nome e as imaxes dos menores premiados durante a Festa de Papá Noel poderán ser publicados nas redes sociais e na páxina web da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
A participación neste sorteo implica a total aceptación das bases depositadas en A.E.C.A.
Onde mercar para participar ??
Pois buscade ésta cartelería nos escaparates e atoparedes cales son os comercios adheridos á AECA 👇
Coa propia lenda que vai impresa no modelo orixinal de postal AECA 2022, AECA quere concienciar aos máis cativos da importancia para os comerciantes de proximidade do consumo no comercio local durante o Nadal .
O obxectivo último de ésta actividade de dinamización comercial é fidelizar aos clientes, para que éstos escollan o Centro Comercial Aberto de Arzúa fronte a outras grandes superficies ou xigantes on line para facer as súas mercas de Nadal, pero ademáis o que AECA pretende é que os nenos da comarca se acheguen aos comeciantes de proximidade, cos que en ocasións xa teñen un trato cercano e familiar. Porque ademáis de comerciantes son veciños, e así os nenos van forxando unha positiva relación de amizade e confianza con eles que perdurará no tempo.

Related Posts