O CCA ARZÚA REPARTE 30 AGASALLOS ENTRE OS SEUS CLIENTES MÁIS CATIVOS CO SORTEO “CARTA A PAPÁ NOEL”

NESTE SORTEO ENTRARON TÓDALAS POSTAIS “MODELO AECA” QUE FORON DEPOSITADAS NO BUZÓN DA CASIÑA DE PAPÁ NOEL INSTALADA NA PRAZA DE GALICIA ANTES DO 25 DE DECEMBRO E QUE CUMPRÍAN COAS BASES DEPOSITADAS EN A.E.C.A.

O SORTEO FOI CELEBRADO O PASADO 28 DE DECEMBRO EN RADIO ARZÚA COA AXUDA DUNHA PEQUENA MAN INOCENTE CHAMADO MATEO, A QUEN DENDE AQUÍ LLE AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN.

OS CATIVOS, XUNTO COAS SÚAS FAMILIAS, PARA  CONSEGUIR  UNHA PARTICIPACIÓN NESTE SORTEO TIVERON QUE ACHEGARSE AO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA E FACER ALGUNHA MERCA NO COMERCIO LOCAL ASOCIADO NOS DÍAS PREVIOS AO NADAL.

AECA REPARTEU POLOS ESTABLECEMENTOS  ASOCIADOS PRETO DE 1000 POSTAIS PARA QUE OS MÁIS CATIVOS PUIDERAN OBTER A CARTA PARA ESCRIBIRLLE A PAPÁ NOEL  E TAMÉN PUIDERAN PARTICIPAR DE ÉSTE SORTEO DE AGASALLOS.

O SORTEO “CARTA A PAPÁ NOEL” ADEMÁIS DE DINAMIZAR A ACTIVIDADE COMERCIAL NOS DÍAS PREVIOS AO NADAL, TEN COMO OBXECTIVO QUE AS FAMILIAS SE ACHEGUEN COS MÁIS CATIVOS ÁS TENDAS ASOCIADAS PARA QUE OS NENOS E NENAS VIVAN UNHA EXPERIENCIA AGRADABLE QUE LEMBRAR AO IR BUSCAR A CARTA A PAPÁ NOEL; PARA QUE OS NENOS RECOÑEZAN E TEÑAN UN TRATO CERCANO E FAMILIAR COS COMERCIANTES LOCAIS; QUE SON Á SÚA VEZ VECIÑOS E AMIGOS.

ASÍ POIS CON ESTA ACTIVIDADE ESTAMOS A AXUDAR A CREAR UN VÍNCULO DE CONFIANZA E AMIZADE ENTRE OS COMERCIANTES E OS FUTUROS CLIENTES DO CCA ARZÚA. 

 

PARABÉNS A TÓDOLOS PREMIADOS, E ATA O NADAL QUE VEN RAPAZADA !!!

 

LISTADO DE NEN@S PREMIADOS POLO SORTEO “CARTA A PAPÁ NOEL”  CELEBRADO O PASADO 28 DE DECEMBRO EN RADIO ARZÚA.

Related Posts