Noticias

Últimas Noticias
Premiados días azuis edición outono Arzúa 2019

Premiados días azuis edición outono Arzúa 2019

Hoxe por fin soupemos o listado de premiados polo sorteo dos días azuis na súa edición de Outono!

O Centro Comercial Aberto de Arzúa está de celebración, xa que aquí tocaron en sorte dous premios!!

A Ana Isabel Rico Cacharrón tocoulle unha tarxeta prepago regalo valorada en 300€ ao rexistrar unha merca efectuada en LageModa, e a Laura López Amboage tocoulle tamén unha tarxeta pregago regalo valorada en 150€ ao rexistrar unha merca en Calzados Iglesias.

Noraboa ás premiadas e aos nosos comerciantes asociados Javier Lage e Yolanda Iglesias pola súa participación.

Informamos aos interesados/as de que o vindeiro 12 de novembro acudiremos ao acto de entrega dos premios que terá lugar a partires das 19h. no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela

.