Noticias

Últimas Noticias
O CCA DE ARZÚA SORTEA 1.000€ EN PREMIOS NAS MERCAS DOS DÍAS OUTLET

O CCA DE ARZÚA SORTEA 1.000€ EN PREMIOS NAS MERCAS DOS DÍAS OUTLET

O CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA CELEBRA OS DÍAS OUTLET DO 21 AO 29 DE FEBREIRO
Trátase dunha campaña de dinamización comercial organizada por AECA na cal 18 comercios participantes ofrecerán descontos de ata o 70%.
Os comercios propóñense liquidar o stock da tempada de outono- inverno, e para atraer ao cliente van poñer todo da sua parte.
Todos os clientes que merquen nos DÍAS OUTLET poderán beneficiarse de promocións especiais, ofreceranlles degustacións nas tendas e ademáis con cada merca que fagan poderán participar nun gran sorteo de premios e obsequios por valor de 1.000€ que terá lugar o 3 de marzo en directo a través de Radio Arzúa.
Estas xornadas comerciais extraordinarias teran lugar nas propias tendas en horario habitual.
Aproveitade esta gran oportunidade para adquirir saldos e artículos de boa calidade a prezos incríbles.
¡Esperámosvos nos DÍAS OUTLET!
¡Merca, aforra e desfruta no CCA de ARZÚA, e de paso vide queixear á 45ª FESTA DO QUEIXO!
Días Outlet nos comercios de AECA
DO 21 AO 29 DE FEBREIRO DÍAS OUTLET EN ARZÚA

Novas relacionadas