Noticias

Últimas Noticias
Impulso a Industria 4.0 en Galicia

Impulso a Industria 4.0 en Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsará, a través do Igape, abre mañá o prazo de solicitude do programa pioneiro co que se busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a iniciativa destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral dos menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP).

A través desta liña de axudas, denominada Profesionais 4.0, e dotada con dous millóns de euros, incentivarase a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0.

Máis información: Xunta.gal

Related Posts