Noticias

Últimas Noticias
I Feira de Oportunidade

I Feira de Oportunidade

¡¡AECA anuncia a celebración da I Feira de Oportunidades!!

Un evento organizado pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, no cal establecementos do Centro Comercial Aberto de Arzúa trasladaranse ao Multiúsos na Travesía da Feira para liquidar o seu stock. Os clientes poderán acceder ás mellores marcas e produtos aos mellores prezos; tan só o sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro!!

Non deixedes de aproveitar esta gran oportunidade para adquirir as últimas existencias da tempada.

Contaremos con stands de moda, complementos, calzado, parafarmacia, artículos de deporte, de equitación, de viaxe e automoción, mobles, exposición e venta de produtos locais, vehículos de ocasión, …etc

Ademáis haberá actividades complementarias que se desenvolverán durante a Feira: sesión vermú con actuación musical, espectáculo de animación, zona infantil con xogos, e tamén contaremos cun servizo de gardería con monitores, para facilitarlles as mercas aos pais e nais que visiten a feira.

A organización de AECA habilitará un stand (bar con terraza) onde os clientes poderán canxear os vales que consigan con cada merca, e onde se ofrecerán degustacións aos clientes.

Esperámosvos, será toda unha alternativa de ocio para clientes de todas as idades!!

Related Posts